domingo, 6 de septiembre de 2020

COMUNICADO PLANTE COMEDORES, MADRUGA E EXTRAESCOLARES 12 AGOSTO

12 AGOSTO 2020

COMUNICADO
Estimadas familias :
Onte acudimos a asamblea ca nosa Federación e as 35 Anpas compañeiras e votamos a favor do parón na xestión das actividades complementarias (madruga, comedor, extraescolares) si a Consellería non cambia a súa posición nos termos que expoñemos no comunicado.
As Anpas somos organizacions sin ánimo de lucro, somos familias, voluntarias, nin expertos en epidimioloxia, nin sanitarios, nin arquitectos nin podemos asumir os riscos ós que nos expoñen.
Non estamos capacitados para crear e lexitimar un protocolo sanitario, nin temos os recursos económicos para poder desenrolalo. (xeles hidroalcohólicos, mámparas, máis monitoraxe, desinfección...).
Non podemos garantir a seguridade das nosas crianzas nin podemos asumir nin civil nin moralmente ninguna responsabilidad derivada.
Dende fai anos, as ANPAS vimos organizando e xestionando actividades extraescolares
e, nalgúns casos, servizos complementarios (comedor). Sen embargo, non debemos
esquecer que esta é unha competencia das Administracións Públicas.
Antes do día 20 a Consellería deberá contestar afirmativamente as nosas peticións.
Sabemos que estes servizos son moi importantes para a conciliación de moitas familias. Nos tamén somos afectadas se neste curso non se pudieran levar a cabo o comedor e as extraescolares, esperamos a vosa comprensión.
Pero ante todo miramos pola seguridade das crianzas e a defensa da laboura das anpas.
O igual cas nosas anpas compañeiras é unha decisión moi pensada e creemos que en termos de responsabilidade hacia os nenos.
Esperamos o voso apoio
XUNTA DIRECTIVA ANPA IGREXA-CHAPELA

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2020/08/14/foanpas-plantara-gestion-educacion-asume-demandas/00031597400712974128360.htm?fbclid=IwAR0u3g5TkKiZ1E38o4t8pk-SfTim01E9mrBeU57OVjHdj5HBXYu1tXe17rI


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.