Estimadas familias:
O xoves 10 de setembro terá lugar no Colexio unha ASAMBLEA EXTRAORDINARIA ás 19.00 h en primeira convocatoria e as 19.15 h en segunda convocatoria co seguinte orde do día:
1. Suspensión actual de Comedor, Madruga e Extraescolares.
2. Enquisa de Necesidade de Conciliación (Estadística Colexios Redondela)
3. Concentracións de protestas dos Colexios de Redondela
4. Renovación de socios
5. Destino da financiación da Lotería de Nadal
6. Estado de Contas
7. Valoración curso 2019-2020
8. Situación das reparacións do colexio e accesos.
9. Rogos e preguntas
Debido a importancia dos temas a tratar, pregamos a vosa asistencia.
Rogamos acudan con máscara, 1 persoa por familia (excepto pais que non convivan), sen nenos, manteñan a distancia de seguridade e atendan as indicacións.
Aquelas familias novas no centro ou non socias poden acudir a reunión pero non teñen dereito a voto a non ser que se asocien antes da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.