martes, 29 de septiembre de 2020

FOANPAS XA TEMOS PROTOCOLO AVALIADO POLA CONSELLERIA

 

XA TEMOS PROTOCOLO AVALIADO POLA CONSELLERIA
Este luns 28 de Setembro foi a Asamblea Xeral Extraordinaria de Foanpas para a Aprobación ou non do Protocolo no contexto COVID19 para aulas matinais e comedores escolares avalado pola Consellería de Sanidade e de Educación da Xunta de Galicia. A maioría das ANPAS demos unha resposta positiva o mesmo; isto da luz verde a que FOANPAS habilite a aquelas asociadas que xestionan os seus comedores a seguir este Protocolo aprobado. A Anpa Igrexa-Chapela leva anos asociada en FOANPAS, polo que todemos “desfrutar “ dos logros alcanzados.
No noso Centro non podemos darvos datas aínda.
Tenemos que adaptalo ás características físicas do Centro, do comedor conxuntamente co Equipo Covid do Colexio, porque ten que ser supervisado por el, valoración no Consello escolar, esperar a dotación de material, así como negociar co Catering Calidus.
QUEREMOS ABRIR O ANTES POSIBLE PERO ESTES ULTIMOS TRABALLOS QUE TEMOS QUE REALIZAR SON MOI IMPORTANTES.
Moitas grazas familias polo voso esforzo, pola vosa comprensión.
Foi un proceso duro, no que a nosa Federación loitou moito e que inda que non se alcanzou todo o solicitado e non creemos que sexa o protocolo perfecto nin moito menos, creemos que é un hito moi importante todo o conseguido por unha Federación pequena fronte a Consellería de Educación recén elexida.
Dende aqui tamén agradecemos a dura labor nestes meses da directiva de #Foanpas, a súa implicación e sacrificio personal. (son coma nos pais-nais voluntarios)
Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.