jueves, 22 de octubre de 2020
REGULAMENTOS
miércoles, 30 de septiembre de 2020
CONDICIÓNS MELLORADAS RECOLLIDAS NO PROTOCOLO
No PROTOCOLO Aprobado este luns por maioría recollense as demandas reclamadas nos seguintes términos:
1. Na Subvención de comedores escolares xestionados por ANPAS un 50% mais de fondos adxudicados respecto o tempo de comedores escolares do curso escolar pasado. Debermos facer exercicio de Fé. Xa nos aumentou a subvención pendente inda de abono correspondente o 19-20 de 700 € aproximadamente que recibíamos 1200€ ( hai que ter en conta que non houbo un trimeste no 19-20)
2. A promesa pública (nos medios de comunicación) do novo Conselleiro de Educación, Román Rodriguez de aumentar sustancialmente a partida presupuestaria de Subvención de comedores escolares xestionados por ANPAS do curso escolar que escomezamos.
3. Protocolo avaliado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade ademais polo Comité Clínico da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que marca cómo debe establecerse o comedor escolar xestionados por ANPAS, que se segue as súas pautas exime por escrito as ANPAS da responsabilidade sanitaria que suporía o improbable caso dunha demanda, de momento non se coñece que houbera algunha.
Inda que neste punto non se alcanzou a eliminación absoluta por escrito da responsabilidade do Anpa, o ser un protocolo avaliado pola Consellaría e o Secretario tecnico e aprobado pola equipa Covid do Centro Educativo, que a vez presenta a Consellería dirimese a responsabilidade civil ou penal. Os servicios xurídicos consultados determinan que unha demanda por risco de contaxio é moi dificil que prospere, pois o foco de contaxio é moi difícil idenficalo. O que non quita ter que enfrentarse igual a esa suposta demanda.
4. Os centros educativos van a ter que dotar do material necesario (xeles hidroalcohólicos, panos desbotables, indicacións no chan, xabón, mamparas se foran necesarias, etc) que en próximas partidas presupuestarias lles abonara a Consellería, o igual que o material similar para o Colexio. Polo que as familias non teremos que afrontar ese gastos.
5. As aulas matinais xestionadas por ANPAS vense cubertas por este Protocolo tamén e ademais tódolas ANPAS que están asociadas a FOANPAS (incluso as que non son do Concello de Vigo, neste último caso tamén para os seus comedores escolares xestinados por esas ANPAS).
6. O tema da desinfección xa falamos coa Concellería de Educación do Concello de Redondela para recordarlles tamén a eles que cumpran ca desinfección nos comedores escolares e aulas matinais como lle corresponde.
Un saúdo
martes, 29 de septiembre de 2020
FOANPAS XA TEMOS PROTOCOLO AVALIADO POLA CONSELLERIA
lunes, 7 de septiembre de 2020
RECLAMACIÓN Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA OBLIGATORIEDADE DE DAR SERVIZOS DE COMEDOR
Chapela, 3 de Setembro de 2020
Estimadas familias,
Sodes moitas as que a día de hoxe estades a preguntar, tanto na nosa ANPA como ao profesorado do centro, por todos eses servizos complementarios tan necesarios para a conciliación. Somos conscientes das vosas necesidades e somos consciente das nosas responsabilidades como ANPA voluntaria.
Lamentamos moito informarvos que este ano, debido á situación extraordinaria de emerxencia sanitaria, e despois dunha resposta nula da Consellería de Educación ás nosas demandas, non poderemos ofertar nin realizar ningunha das actividades que viñamos realizando: Servizo de Comerdor, Madrugadores e actividades extraescolares. O motivo polo que non podemos realizar este servizo é que non somos competentes: non temos os coñecementos necesarios nin temos a formación necesaria nin o amparo legal para poder realizalos. O protocolo vigente deixanos nunha situación de vulnerabilidade xúridica.
Sabemos que a lexislación nos ampara para poder demandar estes servizos na escola pública. Todas temos dereito a conciliar e demandar que os servizos que tiñamos antes desta situación de emerxencia sanitaria sigamos a te-los, xa que as nosas situacións laborais e de conciliación, no canto de mellorar, agraváronse.
Desde a ANPA nada podemos facer xa que non somos competentes, quen ten a responsabilidade e a obrigatoriedade de dar o servizo é a Consellaría de Educación a través dos seus órganos competentes e é por iso que vos pedimos que demandes nesas instancias as vosas necesidades de actividades complementarias.
A través deste correo facilitámosvos un escrito (en galego e castelán) para a Conselleria e para a Xefatura territorial de Pontevedra para que tramitedes as vosas (que tamén son nosas) demandas. Nos como ANPA xa o fixemos.
Estes escritos poden ser enviados dos seguintes xeitos:
- a través da sede electrónica da Xunta coa chave 365
- a través da do rexistro da sede electrónica do Concello de Redondela
-Presencialmente (previa cita) no rexistro da Xunta praza da estrela (abre mañá e tarde)
-No rexistro do concello de Redondela
-Por correo electrónico na Xefatura territorial a estes 2 correos:
xefe.territorial.pontevedra@edu.xunta.es ou cesar.augusto.perez.ares@xunta.gal
-Por correo electrónico na Conselleria a estes 2 correos:
carmen.pomar.tojo@xunta.gal ou conselleira.educacion@xunta.gal
-Por correo electronico a Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes Non Universitarios
comedores.santiago@edu.xunta.es
ou por teléfono: 881995188- Xefe do Servizo de comedores
981545480- Inspectora Servizos Educativos Complementarios
Nos non somos responsábeis da situación que estamos a vivir, as direccións e profesorado dos nosos centros tampouco. Necesitamos que as solucións as dean as autoridades competentes que teñen o coñecementos e os medios para facelo.
Non necesitamos mais problemas, necesitamos solucións. Necesitamos as nosas escolas públicas con todos os servizos e seguras. Agradecemos o voso compromiso e a vosa implicación. Todas xuntas o conseguiremos.
Coma sempre, para o que necesitedes, estaremos aquí para resolver as vosas dúbidas, vos axudar e asesorar. Grazas a todas.
Xunta Directiva Anpa Igrexa-Chapela
RESUMO NOTICIAS PRENSA DENDE A SUSPENSIÓN DOS COMEDORES
Deixamos un resumo en notas de presa deste mes intenso de reunións e decisións.
Ante todo está a seguridade das crianzas, velar polos intereses das familias e loitar por uns colexios públicos con servizos accesibels e de calidade


