jueves, 26 de marzo de 2020
miércoles, 25 de marzo de 2020
PROPOSTAS DA MESTRE DE MUSICA
Patricia, a mestra de Música, deixános no seu blog propostas de actividades musicais para esta semana.
E un xogo, ¿grabamos unha canción? ,,,RESISTIRÉ...
Animádevos e fará una montaxe con tódolos videos que reciba
https://msicaearte.blogspot.com/2020/03/propostas-para-esta-semana.html

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
Patricia, la maestra de música, nos dejará en su blog propuestas de actividades musicales para esta semana.
Y un juego, ¿grabamos una canción? ,,, resistiré ...
Anímate y hará un montaje con todos los videos que reciba
https://msicaearte.blogspot.com/2020/03/proposals-for-this- week.html
domingo, 22 de marzo de 2020
Arcoíris #vemonosprontoceipigrexachapela
Ahora que xa sabemos que estaremos na casa ata o 12 de abril, máis que nunca, ánimo a todos!!
Só nos quedan 3 semanas, 😅 aproveitémolas ...
E que os propoñemos:
*Pinta o teu arcoíris,
#euquedonacasa #todovaisairben #vemonosprontoceipigrexachapela
*Faille unha foto e mandaa co nome do alumno por messenger ou o teléfono do Anpa.
*Publicaremola e cando voltemos ó centro sortearemos entre os participantes un agasallo. Animadevos.
Así estaremos máis conectados.
---------------------
Ahora que sabemos que estaremos en casa antes del 11 de abril, más que nunca, ¡ánimo a todos!
Solo nos quedan 3 semanas,😅
aprovéchalas ...
Y que proponemos:
* Pinta tu arcoiris,
#euquedonacasa #todovaisairben #vemonosprontoceipigrexachapela
* Tome una foto y envíela con el nombre del estudiante por mensajería o el teléfono de Anpa.
* Lo publicaremos y cuando regresemos al centro dibujaremos un regalo entre los participantes.
De esta manera estaremos más conectados. Animaros.
sábado, 29 de febrero de 2020
viernes, 14 de febrero de 2020
EXCURSION PARA FAMILIAS
Estimadas familias:
Poñémonos en contacto con vós para
informarvos que este ano a nosa Anpa quere propoñer ás familias do centros a inscrición
no programa “En ruta coa Depo” 2020,da
Deputación de Pontevedra dirixido a entidades sociais da provincia de
Pontevedra.
Este programa ten por obxecto a
concesión dunha excursión dentro da provincia de Pontevedra á entidades sen
ánimo de lucro coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que
promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e
cultural de proximidade. Solicitaranse as
seguintes rutas:
Prioridade 1 Ruta
22 Illas Cíes: Illas Cíes e barrio
mariñeiro do Berbés en Vigo. (prioridade para otras asociacións)
Prioridade 2 Ruta 30:
Pontevedra e Marín: senda do Río Lérez, Apípolis, Granxa de Briz, Lago
Castiñeiras e contorno do Ecoparque ( seleccionada pola deputación para Anpas)
Prioridade 3 Ruta 31:
Barro: parque da natureza do río Barosa; Campo Lameiro: Parque Arqueolóxico da
Arte Rupestre; Valga: Fervenzas de Raxoi e Pedrafita, área recreativa e praia
fluvial de Ponte Valga. ( seleccionada pola deputación para Anpas)
Cada participante achegará a cantidade
de 13,50 €, que cubrirá o
desprazamento de ida e volta en autobús desde os puntos marcados nos seus
concellos, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo
especializada de Galicia e o xantar (cada menú constará, polo menos, de dous
pratos, sobremesa, café ou infusión e bebidas: auga e viño branco ou tinto), a
excepción do xantar tipo pícnic admitido para as rutas no Parque Nacional
Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas (Illas Cies )de Galicia. O prezo que
aboarán as e os participantes menores de 12 anos poderá ser inferior en función
da oferta presentada pola empresa adxudicataria do programa. (anos anteriores aboaron 8 euros, os menores
de 3 anos de balde)
Pódense
anotar familiares e amigos das familias. Solicitarase, para a súa realización, datas
en sábado anteriores ó fin de curso (maio, xuño). Unha vez confirmada a ruta e a
data se non vos é posible podedes borrarvos. É preciso un mínimo de 54
participantes, (34 se solicitamos autobús adaptado para persoas con mobilidade
reducida con cadeira de rodas) É
unha Actividade que queremos levar a cabo coas Anpas de Laredo e Angorén .
Todas aquelas familias que por carecer
de recursos económicos suficientes non poden facerse cargo, a Deputación
asumirá a totalidade do custo, previo informe dun/ha traballadora/o dos
servizos sociais comunitarios municipais.
EVVIAMOS CIRCULAR POLOS NENOS. Tamen podes anotarte por mail ou no local
EVVIAMOS CIRCULAR POLOS NENOS. Tamen podes anotarte por mail ou no local
viernes, 7 de febrero de 2020
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NOVAS MATRICULAS
Información sobre a xornada de portas abiertas que ofrece o Centro
Faremos durante o mes de febreiro unhas xornadas de portas abertas para que as familias que así o desexen poidan visitar e coñecer as instalacións e os servizos relacionados co noso centro
As datas serán: Martes 11 e 18 de febreiro ás 16 horas.
No caso de non poder asistir nesas datas podedes chamar ou mandar un email ao centro e buscaremos outra data!!
886110668
ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal
Faremos durante o mes de febreiro unhas xornadas de portas abertas para que as familias que así o desexen poidan visitar e coñecer as instalacións e os servizos relacionados co noso centro
As datas serán: Martes 11 e 18 de febreiro ás 16 horas.
No caso de non poder asistir nesas datas podedes chamar ou mandar un email ao centro e buscaremos outra data!!
886110668
ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal
viernes, 31 de enero de 2020
martes, 10 de diciembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















