viernes, 14 de febrero de 2020

EXCURSION PARA FAMILIAS


Estimadas familias:
Poñémonos en contacto con vós para informarvos que este ano a nosa Anpa quere propoñer ás familias do centros a inscrición no programa “En ruta coa Depo” 2020,da Deputación de Pontevedra dirixido a entidades sociais da provincia de Pontevedra.
Este programa ten por obxecto a concesión dunha excursión dentro da provincia de Pontevedra á entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade. Solicitaranse as seguintes rutas:

Prioridade 1 Ruta 22  Illas Cíes: Illas Cíes e barrio mariñeiro do Berbés en Vigo. (prioridade para otras asociacións)
Prioridade 2 Ruta 30: Pontevedra e Marín: senda do Río Lérez, Apípolis, Granxa de Briz, Lago Castiñeiras e contorno do Ecoparque ( seleccionada pola deputación para Anpas)
Prioridade 3 Ruta 31: Barro: parque da natureza do río Barosa; Campo Lameiro: Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre; Valga: Fervenzas de Raxoi e Pedrafita, área recreativa e praia fluvial de Ponte Valga. ( seleccionada pola deputación para Anpas)
Cada participante achegará a cantidade de 13,50 €, que cubrirá o desprazamento de ida e volta en autobús desde os puntos marcados nos seus concellos, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia e o xantar (cada menú constará, polo menos, de dous pratos, sobremesa, café ou infusión e bebidas: auga e viño branco ou tinto), a excepción do xantar tipo pícnic admitido para as rutas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas (Illas Cies )de Galicia. O prezo que aboarán as e os participantes menores de 12 anos poderá ser inferior en función da oferta presentada pola empresa adxudicataria do programa. (anos anteriores aboaron 8 euros, os menores de 3 anos de balde)
Pódense anotar familiares e amigos das familias. Solicitarase, para a súa realización, datas en sábado anteriores ó fin de curso (maio, xuño). Unha vez confirmada a ruta e a data se non vos é posible podedes borrarvos. É preciso un mínimo de 54 participantes, (34 se solicitamos autobús adaptado para persoas con mobilidade reducida con cadeira de rodas) É unha Actividade que queremos levar a cabo coas Anpas de Laredo e Angorén .
Todas aquelas familias que por carecer de recursos económicos suficientes non poden facerse cargo, a Deputación asumirá a totalidade do custo, previo informe dun/ha traballadora/o dos servizos sociais comunitarios municipais.
EVVIAMOS CIRCULAR POLOS NENOS.  Tamen podes anotarte por mail ou no local
R
Precisamos que vos anotedes se estades interesados e cubrades e devolvades a través dos titores, local, buzón o mail.  Un saúdo                      PLAZO ENTREGA ATA O 20 DE FEBREIRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.