domingo, 6 de marzo de 2022

ANPAS DE CHAPELA CON UCRANIA


 Queremos comunicarvos que desde as ANPAS dos CEIP de Chapela e IES (@anpapenedos, @anpaosmuinos, e Igrexa) nos sumamos a iniciativoa do #concelloredondela e máis a ONG @ongdaman, para o envío de axudas os #refuxiados#ucranianos.

Dende a semana do 7 de marzo ofrecémonos como puntos de recollida para facilitar as doazóns.

Para unha mellor organización cada ANPA encargarase de recoller certos productos (aunque todos serán benvidos). 

ANPA IGREXA- CHAPELA: Material sanitario e hixiene personal; tiritas, xeringas, vendas, pasta de dentes, xel, champú, cepillos, xabrón,...

O horario de recollida será nas entradas e saídas do horario lectivo.

Podedes deixar as doazóns no porche-patio da entrada, xunto á parede. (mesmo sitio que a recollida do Nadal) 

Agradecemos a vosa solidaridade e colaboración sostendo unha educación para as nosas crianzas en valores de empatía e axuda social. 

#nonaguerra

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.