Chapela, 3 de Setembro de 2020
Estimadas familias,
Sodes moitas as que a día de hoxe estades a preguntar, tanto na nosa ANPA como ao profesorado do centro, por todos eses servizos complementarios tan necesarios para a conciliación. Somos conscientes das vosas necesidades e somos consciente das nosas responsabilidades como ANPA voluntaria.
Lamentamos moito informarvos que este ano, debido á situación extraordinaria de emerxencia sanitaria, e despois dunha resposta nula da Consellería de Educación ás nosas demandas, non poderemos ofertar nin realizar ningunha das actividades que viñamos realizando: Servizo de Comerdor, Madrugadores e actividades extraescolares. O motivo polo que non podemos realizar este servizo é que non somos competentes: non temos os coñecementos necesarios nin temos a formación necesaria nin o amparo legal para poder realizalos. O protocolo vigente deixanos nunha situación de vulnerabilidade xúridica.
Sabemos que a lexislación nos ampara para poder demandar estes servizos na escola pública. Todas temos dereito a conciliar e demandar que os servizos que tiñamos antes desta situación de emerxencia sanitaria sigamos a te-los, xa que as nosas situacións laborais e de conciliación, no canto de mellorar, agraváronse.
Desde a ANPA nada podemos facer xa que non somos competentes, quen ten a responsabilidade e a obrigatoriedade de dar o servizo é a Consellaría de Educación a través dos seus órganos competentes e é por iso que vos pedimos que demandes nesas instancias as vosas necesidades de actividades complementarias.
A través deste correo facilitámosvos un escrito (en galego e castelán) para a Conselleria e para a Xefatura territorial de Pontevedra para que tramitedes as vosas (que tamén son nosas) demandas. Nos como ANPA xa o fixemos.
Estes escritos poden ser enviados dos seguintes xeitos:
- a través da sede electrónica da Xunta coa chave 365
- a través da do rexistro da sede electrónica do Concello de Redondela
-Presencialmente (previa cita) no rexistro da Xunta praza da estrela (abre mañá e tarde)
-No rexistro do concello de Redondela
-Por correo electrónico na Xefatura territorial a estes 2 correos:
xefe.territorial.pontevedra@edu.xunta.es ou cesar.augusto.perez.ares@xunta.gal
-Por correo electrónico na Conselleria a estes 2 correos:
carmen.pomar.tojo@xunta.gal ou conselleira.educacion@xunta.gal
-Por correo electronico a Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes Non Universitarios
comedores.santiago@edu.xunta.es
ou por teléfono: 881995188- Xefe do Servizo de comedores
981545480- Inspectora Servizos Educativos Complementarios
Nos non somos responsábeis da situación que estamos a vivir, as direccións e profesorado dos nosos centros tampouco. Necesitamos que as solucións as dean as autoridades competentes que teñen o coñecementos e os medios para facelo.
Non necesitamos mais problemas, necesitamos solucións. Necesitamos as nosas escolas públicas con todos os servizos e seguras. Agradecemos o voso compromiso e a vosa implicación. Todas xuntas o conseguiremos.
Coma sempre, para o que necesitedes, estaremos aquí para resolver as vosas dúbidas, vos axudar e asesorar. Grazas a todas.
Xunta Directiva Anpa Igrexa-Chapela
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.